• Portada
  • O Porriño
  • Mos
  • Salceda de Caselas
  • Ponteareas
  • Galicia
  • Axenda
  • Opinión
Actualidade :
Concentración en defensa da sanidade pública no Porriño
O BNG pide acceso preferente á vacina para o persoal do SAF
A Xunta abonou xa 600.850 euros á hostalería do Porriño, Mos e Salceda
Incendio de madrugada nunca empresa do polígono de A Granxa
2.628 positivos nos centros educativos galegos
Motos, quads e todoterreos causan estragos nos montes comunais da Louriña e Condado
O BNG presenta enmendas aos Orzamentos da Xunta reclamando investimentos para O Porriño
2.461 positivos nos centros educativos galegos
O Porriño roza xa os 100 positivos en covid-19
Dispáranse os contaxios na área de Vigo que roza xa os 3000 casos activos
O Porriño alcanzou hoxe unha taxa de incidencia de 405
O PP pide á Deputación e Concellos respaldo ao Fondo de Cooperación Covid-19
Os positivos en centros escolares galegos marcan un novo máximo
A Fundación La Caixa e a Escola de Futbol Denis Suárez, xuntas polo deporte e a infancia
Tui pecha as instalacións deportivas municipais
Detido un condutor sen carné, coa ITV caducada e saltándose o peche perimetral
Investigan aos responsables dunha pirotecnia de Barcelona por suposta falsidade documental
11
Enero

Investigan aos responsables dunha pirotecnia de Barcelona por suposta falsidade documental

  • Tamaño da letra facer a letra mais pequena facer a letra mais pequena facer a letra meirande facer a letra meirande
  • Imprimir
  • Email

Supostamente falsificaba a documentación do material que subministraba a un establecemento comercial autorizado no sur da provincia de Pontevedra

A Garda Civil investiga por un delito de falsificación documental ao responsable e tres traballadores dunha empresa pirotécnica da provincia de Barcelona que fornecía material pirotécnico a un comercio autorizado no sur da provincia de Pontevedra, con documentación supostamente falsificada.



 

A investigación que realizou o Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Tui iniciouse por mor dunha inspección que realizou a Intervención de Armas e Explosivos da mesma localidade nun establecemento autorizado para a venda deste tipo de material pirotécnico, onde se incautaron 225 quilos destes produtos cando a capacidade máxima de almacenamento autorizada é de 50 quilos. 

 



Ao sospeitar que tanto os albarás como as cartas de porte que amparaban a compra e transporte destes produtos pirotécnicos poderían estar manipulados ou ser manifestamente falsos, realizouse con autorización xudicial unha inspección no establecemento provedor situado na provincia de Barcelona onde se detectaron irregularidades nos asentos contables tanto nos Libros Rexistro como nos Libros Auxiliares da empresa.



 

No transcurso da inspección, a Garda Civil incautouse de diversa documentación, soportes informáticos, que xunto coa análise dos  tacógrafos dos vehículos que transportaban a mercadoría, reforzaron desde o punto de vista dos investigadores os indicios sobre a presunta falsificación documental que se estaba investigando.

Con este modus operandi posibilitábase que o establecemento comercial, situado no sur da provincia de Pontevedra, puidese almacenar ilegalmente unha cantidade superior á autorizada, o que podía supoñer un serio perigo para a seguridade cidadá, ao exceder en 175 kg, de produtos pirotécnicos  almacenados.




As investigacións da Garda Civil concluíron coa investigación penal do responsable e os tres empregados da empresa provedora por un delito de falsidade documental e a denuncia administrativa do propietario do local comercial en Pontevedra.

Valora agora
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
(0 votos)
  • Social sharing:
  • Engadir a Facebook
  • Engadir a Delicious
  • Diggea isto
  • Engadir a StumbleUpon
  • Engadir a Technorati
  • Engadir a Reddit
  • Engadir a MySpace
  • Gustache? Podelo tuitear!

Eu penso que…

Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.

Voltar ao principio

Tamén en Galicia

  • Galicia decreta o peche total da hostalería e limita as reunións a convivintes
    Galicia decreta o peche total da hostalería e limita as reunións a convivintes
  • Galicia rexistra o maior pico de ingresos por covid dende o inicio da pandemia
    Galicia rexistra o maior pico de ingresos por covid dende o inicio da pandemia
  • Galicia roza os 19.000 casos activos
    Galicia roza os 19.000 casos activos
  • O Porriño supera a barreira dos 100 contaxios
    O Porriño supera a barreira dos 100 contaxios
  • 2.628 positivos nos centros educativos galegos
    2.628 positivos nos centros educativos galegos
  • Galicia suma 1.800 contaxios e achégase ao milleiro de hospitalizados
    Galicia suma 1.800 contaxios e achégase ao milleiro de hospitalizados
Sondolouro.com 2016. Todolos dereitos reservados. Desenvolvido por UnProject Multimedia
Galicia