• Portada
  • O Porriño
  • Mos
  • Salceda de Caselas
  • Ponteareas
  • Galicia
  • Axenda
  • Opinión
Actualidade :
Evacuadas nai e filla con intoxicación por inhalación de gas no Porriño
A Xunta inviste 25.000 euros na conservación do Pazo de Mos
O BNG leva a Arévalo ante a Valedora do Pobo por "falla de transparencia"
O Porriño vende unha parcela municipal por 1 millón de euros a IBEREMBAL
O Concello acomete a reparación da estrada principal do PI das Gándaras
Mos estrea un novo portal de emprego da Axencia de Colocación
Alertan da presencia de falsos revisores do gas en Mos
A corporación de Tui amosa o seu apoio ao traballo realizado na Residencia Paz y Bien
As Meninas, Campioas Galegas Danza Coreográfica
Tui e Ponteareas en nivel máximo de restricións
Soledad Girón, presidenta da xestora do PSdeG-Psoe no Porriño
A Xunta intervén a residencia de Maiores Paz y Bien de Tui
Detido por roubar unha tarxeta e sacar máis de 5.000 euros
Falece Silvino González, o colocador de estrelas do Festival de Cans
O piloto porriñés Yago Martínez agradece o apoio ao Concello
Investigan aos responsables dunha pirotecnia de Barcelona por suposta falsidade documental
Tui inicia mañá “O Camiño do Nadal” co acendido do alumeado
03
Diciembre

Tui inicia mañá “O Camiño do Nadal” co acendido do alumeado

  • Tamaño da letra facer a letra mais pequena facer a letra mais pequena facer a letra meirande facer a letra meirande
  • Imprimir
  • Email

Ás 18h volverá iluminarse o gran abeto do final da Corredoira despois de máis de 8 anos

Mañá venres, 4 de decembro, ás 18 h terá lugar o acendido da iluminación de Nadal en Tui. Co lema “O Camiño do Nadal” o Concello de Tui continua a campaña iniciada en 2019 na que a posta en valor dos elementos locais, a reutilización de elementos e a reciclaxe marcan a decoración destas festas.


As actuais condicións de pandemia limitarán a celebración de actividades que tiñan lugar en anos anteriores, pero con todas as medidas de seguridade dende a Concellería de Cultura artellouse unha programación para o disfrute na rúa dunhas festas diferentes por parte de cativos e maiores.


Para o acendido de Nadal non haberá un acto simbólico coma noutras ocasións para tentar evitar así a aglomeración de persoas nun punto concreto. Por iso optouse simplemente polo acendido dos 113 arcos e os 55 elementos de iluminación con tecnoloxía led instalados nas rúas do centro urbano e tamén nos puntos de entrada ás distintas parroquias mañá venres ás 20 h. A principal novidade será a iluminación de novo, tras oito anos, do gran abeto situado no cruzamento entre o Paseo da Corredoira, a Avenida da Concordia e rúa Maristas que foi iluminado con 3 mil lámpadas led.


Na decoración das rúas e prazas optouse por segundo ano pola posta en valor do patrimonio local destacando o Camiño Portugués de Santiago, do que Tui é a porta de entrada a Galicia. Así unha frecha amarela e a palabra “Tui”  son a imaxe desta campaña “O Camiño do Nadal”. Na decoración realizada primou a reutilización e a reciclaxe de elementos. Entre as principais novidades está a colocación dunha casiña de madeira de Nadal na zona peonil do Paseo da Corredoira, para a que se reutilizou unha estrutura de madeira que hai anos foi oficina de Turismo.  Xunto a esta casiña de chocolate haberá tamén un pergamiño no que deixar mensaxes para estas festas, o buzón real ou un elemento decorativo coas imaxes da campaña para poder facerse fotografías  Tamén se incorporan á decoración figuras de anxos realizados con madeira e corda, e xunto a farois de madeira. Un pequeno tren de madeira, bicicletas, renos, coellos, … serán outros dos elementos, estreados xa en 2019, e que volven reutilizarse nestas festas.  Tamén se volveu instalar na rúa Ordóñez a árbore de Nadal de madeira coa frecha amarela coma estrela e co nome de todas as parroquias na súa base. Estes elementos estarán colocados nas prazas de Fromista, a Armada e San Fernando, a carón da igrexa de San Telmo, no Paseo da Corredoira, nas rúas Ordóñez, Ourense, Colón, e no Paseo Familia Álvarez Blázquez.


Nas próxima semanas darase a coñecer o programa de animación musical que haberá durante as datas festivas con pasarrúas a cargo de distintos grupos.  A programación pecharase o 5 de xaneiro coa presenza en Tui dos Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar.

Valora agora
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
(0 votos)
  • Social sharing:
  • Engadir a Facebook
  • Engadir a Delicious
  • Diggea isto
  • Engadir a StumbleUpon
  • Engadir a Technorati
  • Engadir a Reddit
  • Engadir a MySpace
  • Gustache? Podelo tuitear!

Eu penso que…

Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.

Voltar ao principio

Tamén en Galicia

  • Detectado un brote de covid na planta de xeriatría do Meixoeiro
    Detectado un brote de covid na planta de xeriatría do Meixoeiro
  • Nova xornada cos positivos en máximos: 12.508 casos activos en Galicia
    Nova xornada cos positivos en máximos: 12.508 casos activos en Galicia
  • Catro falecidos elevan a 1.553 as vítimas da pandemia en Galicia
    Catro falecidos elevan a 1.553 as vítimas da pandemia en Galicia
  • Galicia alcanza máximos de casos activos, contaxios e taxa de positividade
    Galicia alcanza máximos de casos activos, contaxios e taxa de positividade
  • Repunte de casos nos centros escolares galegos con 1.535 positivos
    Repunte de casos nos centros escolares galegos con 1.535 positivos
  • Galicia acada o seu máximo: 10.864 casos activos
    Galicia acada o seu máximo: 10.864 casos activos
Sondolouro.com 2016. Todolos dereitos reservados. Desenvolvido por UnProject Multimedia
Galicia