A Garda Civil investiga a un home por estafa, falsidade documental e usurpación da identidade.
A principios do pasado marzo, unha cidadá de nacionalidade británica afincada en Denia (Alicante), intentou comprar a través da web un vehículo.
Efectuou un ingreso de 4.000 euros, como pago polo turismo nunha conta corrente, tras o cal non volveu ter noticias do suposto vendedor, feito polo cal presentou denuncia no Posto da Garda Civil de Alicante, que ao comprobar que o suposto autor estaba vinculado cunha empresa de compravenda de vehículos de Vigo, remitiu a mesma á Garda Civil de Pontevedra.
A Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, comezou as investigacións comprobando que se tiña suplantado a identidade comercial da empresa vendedora do vehículo.
A devandita empresa existe realmente e ten unha afianzada reputación no sector automovilístico, do cal se serviu o estafador para dar confianza á vítima.
Puidose comprobar qeu os datos de contacto relativos á citada empresa facilitados polo autor á vítima da estafa, non se correspondían cos que realmente usaba a empresa.
O autor dos feitos creou unha conta de correo electrónico paralela á real, suplantando aos responsables da empresa e facendo pensar á vítima que en todo momento estaba realizando os trámites de compra coa empresa real.
Realizáronse xestións que permitiron averiguar que tanto a factura elaborada polo autor, como os datos de identificación do vehículo que se pretendía vender, eran manifestamente falsos, o cal confirmaba a existencia dun entramado creado para a consecución dun delito de estafa.
Identificouse ao suposto autor, tratándose este ao igual qeu a vítima dunha persoa domiciliada en Alicante.
É importante resaltar que non quedan impunes este tipo de delitos que proliferaron aproveitando os periodos de confinamento con motivo do Covid19.