Imprimir esta páxina
31
Octubre

Héctor Martínez gaña o I Concurso Fotográfico Enmárcate en Tui

Héctor Martínez de Guillarei, coa fotografía “Enmarcando a historia”, foi o gañador do I Concurso Fotográfico Enmárcate en Tui convocado pola Concellería de Turismo.

A súa fotografía na que aparece el mesmo emulando coas súas mans, as mans do sorporte que sostén o marco colocado na zona axardinada na rúa Martínez Padín, a carón da área de autocaravanas, foi considerada a máis orixinal das que se que presentaron ao concurso. O concelleiro de Turismo, Laureano Alonso, fíxolle entrega a Héctor Martínez do premio consistente nunha figura réplica do pórtico da catedral.

 

31102019 Concurso Enmarcate en Tui Foto ganadora

Valora agora
(0 votos)