Imprimir esta páxina
14
Octubre

Andatui organiza unha ruta pola Ecovia do río Vez

O club Andatui organiza, o domingo 3 de novembro, unha saída ata a freguesía de Sistelo, en Arcos de Valdevez, para realizar un tramo da Ecovia do río Vez.

O percorrido é  duns 22 km da Ecovia, partindo desde a freguesía de Sistelo (elexida como unha das 7 maravillas de Portugal na categoría de Aldeas Rurais, e clasificados os seus socalcos como Monumento Nacional en Paisaxe Cultural) ata Arcos de Valdevez.

 

Nesta ruta, que discorre paralela o río Vez, camiñarán polas pasarelas de madeira de Sistelo e desfrutarán dunhas paisaxes espectaculares.

 

Solo se dispoñen de 40 prazas, con un prezo de 10 euros por participante.

 

Xa está na páxina www.andatui.es toda a información e o formulario de inscrición.

Valora agora
(0 votos)