Imprimir esta páxina
02
Agosto

A directora Cristina Maró prepara un documental sobre as peixeiras do Baixo Miño

Vigo, Ponteareas e As Neves serán os escenarios de “Mar en terra adentro”

Esta semana, a directora Cristina Maró rodou en Vigo, Ponteareas, As Neves, Salvaterra e Silleda as recreacións para o documental “Mar en terra adentro” no que se fai unha homenaxe ás mulleres que comercializaban o peixe a mediados dos anos 50 no Baixo Miño.

 

Neste documental recóllense concretamente as vivencias das “peixeiras” da parroquia de Xinzo (Ponteareas) que traballaron abastecendo de peixe todo o sur da provincia e incluso, Ourense. Estas mulleres recordan as súas vivencias desde que moi cedo saían cara o Berbés (Vigo) a mercar o peixe e volvían ás vilas do sur da provincia a vendelos subidas nos camións. Incluso, rememóranse como as pioneiras do comercio do peixe no Sur foron as súas nais que ían de madrugada camiñando desde Ponteareas para chegar á venda no Berbés (Vigo) á primeira hora. Esta peza recrea as anécdotas da vida destas mulleres pioneiras na industria de comercialización do peixe.

 

O documental estrearase en setembro na homenaxe que o Centro Cultural de Xinzo fai todos os anos ás Peixeiras da súa parroquia.

 

crismarodocumentalpeixeiras3

 

 

Valora agora
(6 votos)