Imprimir esta páxina
21
Abril

Actividades infantís e a XI Semana de Teatro Amador, o luns nas festas de San Telmo

Comezan as actuacións da corais tudenses e as proxeccións de cinema

O luns, 22 de abril, comezan as actividades infantís programadas dentro das Festas de San Telmo 2019. Na Área Panorámica, con entrada pola porta 5, terá lugar cada mañá de luns a venres  de 11 a 13 obradoiros temáticos para nenos e nenas de 5 a 16 anos. O luns a actividade centrarase na elaboración de broches con feltro de cores a cargo da Barafunda Animación.

 

Tamén o luns comezan as proxección de cinema infantil na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica que até o venres terán lugar cada tarde, ás 16.30 h, con En Un Tris Tras Animación. O luns proxectarase “Coco”.

 

Previamente ás 16 h a Coral Polifónica Ponte das Febres actuará no Centro de Día Amoralia.

 

Ás 19 h no Teatro Municipal de Tui comeza a XI Semana de Teatro Amador a cargo da Compañía Artística Interdisciplinar, CAI, do Espazo Xove de Tui. Este grupo estreará “Futuro, amor e outras movidas” cun guión realizado polos propios interegrantes da compañía, baixo a director de Laura Villaverde, e no que plasmaron as súas inquietudes anceios, ou pensamentos coma adolescentes.  As entradas, sen numerar, poranse á venda ás 18.30 h ao prezo de 1,5€.

Valora agora
(1 Vote)