Imprimir esta páxina
07
Febrero

Atraco a man armada no parque comercial Meixueiro

Os feitos aconteceron ás 9:30 h da mañá na tenda de animais Kiwoko. Buscan agora dous varóns que fuxiron cara O Porriño no vehículo dunha das empregadas, ás que ataron con bridas e encerraron no local


Os corpos de seguridade buscan neste momento no Porriño e Mos aos autores dun atraco perpetrado a primeira hora desta mañá nunha tenda de animais (Kiwoko) do parque comercial do Meixueiro.


Ás 9:30 horas de hoxe, dous homes vestidos con roupa de obra e o rostro cuberto, accederon ao local armados, ataron con bridas aos dous dependentes que nese momento se atopaban na tenda e os encerarron dentro. Os atracadores, que fuxiron coa caixa rexistradora, roubaron as chaves do coche dun dos traballadores da tenda (un Mazda cor branca) e fuxiron dirección Porriño. Os ladróns fixéronse cun botín de máis de 15.000 euros, cantidade que debía recoller esta mesma mañá un furgón blindado dunha empresa de seguridade

Modificouse o Jueves, 07 Febrero 2019 10:44
Valora agora
(6 votos)