Os corpos de seguridade buscan neste momento no Porriño e Mos aos autores dun atraco perpetrado a primeira hora desta mañá nunha tenda de animais (Kiwoko) do parque comercial do Meixueiro.
Ás 9:30 horas de hoxe, dous homes vestidos con roupa de obra e o rostro cuberto, accederon ao local armados, ataron con bridas aos dous dependentes que nese momento se atopaban na tenda e os encerarron dentro. Os atracadores, que fuxiron coa caixa rexistradora, roubaron as chaves do coche dun dos traballadores da tenda (un Mazda cor branca) e fuxiron dirección Porriño. Os ladróns fixéronse cun botín de máis de 15.000 euros, cantidade que debía recoller esta mesma mañá un furgón blindado dunha empresa de seguridade