A Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (Apamp) fixo un chamamento á colaboración cidadá para localizar a Emilio Estévez Barciela que leva desaparecido dende este mércores.
Emilio, ten 53 e mide 1,83 m. Trátase dunha persoa con discapacidade, usuaria da asociación. Foi visto por última vez a tarde deste mércores, 30 de xaneiro, arredor das das 17:30 horas na rúa Parachán, próxima á avenida do Aeroporto e o colexio Alborada (Vigo).
A súa desaparición foi notificada ás forzas de seguridade. Se alguén ten algunha pista sobre onde se atopa Emilio que o poña en coñecemento da Policía Local.