Imprimir esta páxina
04
Diciembre

100 euros ao mes para os nenos e nenas que nazan a partir de 2016

A Xunta de Galicia anunciou a posta en marcha da "Tarxeta Benvida", o bono mensual do que se beneficiarán as familias que teñan fillos a partir de xaneiro

Da "Tarxeta Benvida", dotada con 100 euros mensuais durante un ano, disfrutarán unhas 17.000 familias galegas, que a poderán canxear en supermercados, farmacias e parafarmacias para alimentos, productos de hixiene e fármacos para os bebés.

Poderán acceder a esta axuda as unidades familiares con rentas de ata 45.000 euros de base impoñible ou de 13.500 euros per cápita.

O obxectivo do Goberno é que a Tarxeta Benvida chegue a 8 de cada 10 familias e que terá un financiamento plurianual de 18 millóns de euros. A este respecto apuntou que o importe total desta axuda supón o 10% dos recursos económicos que en 2016 a Consellería de Política Social destinará a este ámbito.

 

Programa de Apoio á Natalidade (PAN)


Segundo recalcou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, a Tarxeta Benvida "nin é a primeira medida que adoptamos nin tampouco será a última neste eido", xa que se enmarca no seo do Programa de Apoio á Natalidade, que tamén onte se deseñou a grosso modo no Consello, a través da fixación de tres obxectivos básicos: "que Galicia sexa un lugar que ofreza axudas para afrontar os gastos que supón o nacemento dun fillo; que sexa un lugar que apoie a conciliación da vida familiar e laboral, como se acadará co bono–gardería ou o bono-coidador; e o obxectivo de que Galicia sexa un lugar que garanta os servizos públicos, tanto sociais como sanitarios, que máis precisan as nenas e os nenos, como se logra, por exemplo, facendo que sexa a comunidade coas vacinas infantís máis accesibles de toda España".

Pola súa conta, o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela salientou que a través do Programa de Apoio á Natalidade e da Tarxeta Benvida “aspiramos a que Galicia sexa un lugar mellor para vivir e para formar unha familia”. “Pretendemos ser unha Administración máis sensible ás necesidades das familias”, abondou.

Na liña do que avanzou o presidente da Xunta, o conselleiro recalcou que o Programa de Apoio á Natalidade está composto por tres eixos fundamentais que son as axudas directas ou PAN-Axudas, os programas de conciliación ou PAN-Concilia e os servizos ou PAN-Servizos. Todas estas medidas, dixo Rey Varela, teñen por finalidade “facer de Galicia un lugar mellor para ter fillos pero, sobre todo, o mellor lugar posible para ser neno ou nena”.

Modificouse o Viernes, 04 Diciembre 2015 02:48
Valora agora
(0 votos)