• Portada
  • O Porriño
  • Mos
  • Salceda de Caselas
  • Ponteareas
  • Galicia
  • Axenda
  • Opinión
  • A NOSA XENTE
    • Ricardo Canosa
    • Beatriz Alonso Cabaleiro
    • Patricia Pampillón
    • Abuelo Peche
Actualidade :
O PP de Salceda agradece aos veciños a súa implicación e compromiso co partido
Eva García de la Torre: “Quero seguir gobernando”
O Godoy Maceira Porriño disposto a reencontrarse coa vitoria en Xixón
Mos eliminará o tráfico pesado das zonas urbanas residenciais
Mos traballa xa para que celebrar o Día da Muller
Dous anos de prisión por apropiarse dos cartos para construír unha casa no Porriño
A cultura mosense reúnese baixo o lema identitario local ‘SomosMos’
O Festival de Cans inicia unha nova edición do seu curso de montaxe e edición
A pista de atletismo da Granxa estará rematada en maio
"Invisibles" aborda a violencia de xénero a través da historia real de mulleres galegas
O novo Burger King de Mos pon a súa primeira pedra
O PP alerta do perigo do vial alternativo habilitado polas obras da EP 2505
GañaMos pide disculpas á CMM de Pereiras
Xuventudes Socialistas recada 1400 euros para a vivenda tutelada de COGAMI
Arranca o xuízo contra o hostaleiro vigués acusado de abusar de 18 menores
EU SON pide o apoio da corporación á Folga Feminista do 8 de marzo
As vivendas fóra de ordenación na zona cero de Paramos poderán ser reconstruidas Xuntanza mantida este sábado cos veciños afectados pola explosión
12
Noviembre

As vivendas fóra de ordenación na zona cero de Paramos poderán ser reconstruidas

  • Tamaño da letra facer a letra mais pequena facer a letra mais pequena facer a letra meirande facer a letra meirande
  • Imprimir
  • Email

A incorporación dunha disposición adicional na Lei do Solo permitirá darlle encaixe legal á reconstrución das vivendas afectadas na zona cero de Paramos que estaban fóra de ordenación. Esta foi unha petición que o Concello de Tui presentou á Xunta de Galicia para garantir así que todas as vivendas existentes previa a explosión do 23 de maio se lles poderá dar licenza para a súa reconstrución.

Así llo comunicou este sábado o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, ao veciños que acudiron á reunión que se celebrou no Centro Cultural de Guillarei. Unha comparecencia na que estivo acompañado polo xerente urbanístico da catástrofe Rubén Vázquez.


Segundo o exposto polo rexedor esta disposición adicional está pensada para zonas declaradas gravemente afectadas por unha emerxencia de protección civil polo Consello de Ministros. Nese senso apuntaba  que “foi unha modificación lexislativa que conseguimos dende Tui, que puxo en marcha a Xunta de Galicia, que entrará en vigor o 1 de xaneiro para circunstancias excepcionais coma esta”.


Na reunión o alcalde tamén trasladou aos veciños á resposta ás cartas que enviou á ministra de Política Territorial urxindo o inicio do desentullo,  na que indica que que recibirá contestación en breve. Dicía Vázquez Padín que “polo menos queda claro que son conscientes que teñen un problema sobre a mesa, un problema sen resolver en Tui”.   Engadía que hai que agardar que o goberno central “se poña co desentullo a través dunha encomenda de xestión, que é a formulación xurídica que permite que en circunstancias excepcional que goberno poida adxudicar a unha empresa pública este tipo de obras”. Precisaba nese senso que unha vez que se tome a decisión política os traballos poderían comezar no prazo dun mes e executarse en tres meses.  Precisaba o mandatario que o desentullo é moi importante, e se se acometen estes traballo “teremos o puzzle con todas pezas máis fáciles de encaixar para ver como dentro de non demasiado tempo se reestablece a normalidade na zona”.


O rexedor tudense tamén avanzou que acompañará aos veciños na mobilización que realizarán o sábado 17 diante da subdelegación do goberno en Pontevedra. E informou, de que “pese a que non ten comunicación oficial segundo a información  publicada polos medios de comunicación” a fiscalía presentou denuncia contra el pola presunta inexecución da sentenza da pirotecnia de Baldráns. Un tema no que dicía “teño a conciencia absolutamente tranquila”.

Modificouse o Lunes, 12 Noviembre 2018 11:37
Valora agora
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
(0 votos)
  • Social sharing:
  • Engadir a Facebook
  • Engadir a Delicious
  • Diggea isto
  • Engadir a StumbleUpon
  • Engadir a Technorati
  • Engadir a Reddit
  • Engadir a MySpace
  • Gustache? Podelo tuitear!

Eu penso que…

Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.

Voltar ao principio

Tamén en Galicia

  • "Invisibles" aborda a violencia de xénero a través da historia real de mulleres galegas
    "Invisibles" aborda a violencia de xénero a través da historia real de mulleres galegas
  • Arranca o xuízo contra o hostaleiro vigués acusado de abusar de 18 menores
    Arranca o xuízo contra o hostaleiro vigués acusado de abusar de 18 menores
  • A familia e amigos de Sesé Mateo preparan un libro cos seus textos e poemas
    A familia e amigos de Sesé Mateo preparan un libro cos seus textos e poemas
  • Atraco a man armada no parque comercial Meixueiro
    Atraco a man armada no parque comercial Meixueiro
  • O 061 de Galicia garante a asistencia tras as sabotaxes sufridas en seis ambulancias
    O 061 de Galicia garante a asistencia tras as sabotaxes sufridas en seis ambulancias
  • Piden colaboración cidadá para localizar a un home desaparecido en Vigo
    Piden colaboración cidadá para localizar a un home desaparecido en Vigo
Sondolouro.com 2016. Todolos dereitos reservados. Desenvolvido por UnProject Multimedia
Galicia