Imprimir esta páxina
30
Octubre

Desarticulado un grupo criminal vinculado a 35 asaltos a xeriátricos

Trasladaban a Romanía as xoias e o diñeiro que roubaron a decenas de persoas da terceira idade mentres durmían

A Garda Civil, desmantelou un grupo criminal ao que se vincula con máis de 35 asaltados a unha trintena de residencias da terceira idade en municipios de Galicia, Castela-León e Asturias.


Detivéronse a cinco persoas de nacionalidade romanesa e con residencia na cidade da Coruña pola súa suposta vinculación con este grupo, nunha operación tutelada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Número 2 de Lalín e a Fiscalía de Pontevedra e desenvolta polas Unidades Orgánicas de Policía Xudicial das  Comandancias da Garda Civil de Pontevedra e A Coruña.


A investigación destaca o perigo desta banda, que actuaba de noite, mentres os usuarios e facultativos dos xeriátricos durmían e que chegaban a percorrer ata 425 quilómetros nun só día para cada asalto.


A banda definía con antelación suficiente cada golpe para evitar ser detidos. Por iso buscaban residencias que estivesen suficientemente afastadas do seu centro de operacións e, preferiblemente, as que tamén estivesen apartadas de núcleos de poboación importantes, asegurándose así unha maior privacidade para poder actuar e escapar do escenario. Empregaban tamén distintas identidades para dificultar a súa identificación. Os investigadores estableceron primeiro un perfil dos asaltantes para conseguir definir o «modus operandi» que permitise volver sobre os seus pasos, estudando os seus movementos.


O grupo accedía en coche ata a contorna do seu obxectivo e estacionaba a unha distancia suficiente como para non levantar sospeitas, chegando a deixar o vehículo ata a catro quilómetros de distancia para non ser vistos. Chegaban a pé ata as residencias e forzaban as portas ou xanelas con pancas ou rompendo o  bombín. A súa prioridade eran as oficinas das residencias, onde normalmente están as caixas fortes, e delas levaban o ouro e o diñeiro en metálico dos residentes. Ademais,  arramplaban cos dispositivos electrónicos, como ordenadores, teléfonos móbiles ou computadores. Se  escabullían por zonas  boscosas e frondosas conseguindo eludir as medidas de seguridade.


A Garda Civil detectou un incremento da actividade do grupo, chegando a cometer cinco asaltos nunha mesma semana en puntos tan distantes como Ponferrada, O Barco de Valdeorras ou Lalín.


Nalgún caso, non conseguindo perpetrar o asalto planificado, improvisaban outro a calquera establecemento de hostalería da mesma localidade levándose o diñeiro da máquina comecartos, o da caixa rexistradora e o tabaco.


Esta banda criminal contaba con intermediarios no seu país de orixe, onde enviaban o diñeiro en metálico que subtraían nas residencias da terceira idade valéndose de distintas compañías. As xoias e todos os efectos de ouro chegaban a Romanía, ben a través de empresas de  paquetería asentadas nese país ou na equipaxe de man dalgún dos membros deste grupo. Terceiras persoas encargábanse de vendelos e reingresar o importe nas contas dos asaltantes ou dalgún familiar.


A operación “ Gerpo- Avós” culminou o pasado sábado na Coruña coa detención de cinco cidadáns de países do Leste e a incautación de tres vehículos. Nos rexistros recuperáronse 5.200 euros en metálico, equipos electrónicos, xoias e ferramentas de ferraxería vinculadas aos asaltos.


Tres dos arrestados, con múltiples antecedentes policiais e varias  requisitorias en vigor, están xa en prisión por orde xudicial. A investigación considéraos autores materiais dos feitos. Os outros dous quedaron en liberdade con cargos.


Por provincias, esclarecéronse un total de nove asaltos en Pontevedra, cinco en Ourense, tres en Lugo, catorce na Coruña, un en Asturias, e tres en León.

Modificouse o Martes, 30 Octubre 2018 13:35
Valora agora
(0 votos)