A Garda Civil investiga penalmente a un veciño de Cangas por un presunto delito de desordes públicas, ao térselle incautado preto de 30 quilos de material pirotécnico sen ter ningún tipo de autorización administrativa para a súa comercialización ou tenencia.
Durante a mañá de onte, no marco dun operativo conxunto levado a cabo por efectivos da Intervención de Armas e Explosivos e do Posto Principal da Garda Civil de Cangas, incautáronse preto de 30 quilos netos de artificios pirotécnicos en poder dun veciño da parroquia de Coiro, do termo municipal de Cangas.
A maior parte do material pirotécnico intervido atopábase nunha vivenda familiar deshabitada na mesma parroquia e o resto nunha leira anexa ao seu domicilio. Entre o material incautado se totalizan 500 bombas de palenque, miles de petardos de considerable potencia e outros artigos pirotécnicos como as denominadas “ bombetas”, “ superfalleros” e “ megatrons”, ademais de 50 caixas con fogos artificiais preparados para utilizar.
Todo o material intervido foi trasladado para a súa destrución a unha canteira da provincia que dispón de varios depósitos autorizados para o seu almacenamento.
Sen prexuízo das xestións que se están levando a cabo para determinar o volume da actividade comercial que esta persoa podería estar a realizar no seu propio domicilio, a Garda Civil xa lle notificou a este veciño a súa condición de investigado como presunto autor dun delito de desordes públicas na súa modalidade de tenencia, depósito e comercialización de substancias explosivas, inflamables ou incendiarias en cantidades superiores ás legalmente permitidas.
Ao mesmo tempo, foi denunciado pola suposta comisión de tres infraccións administrativas de carácter grave ao vixente Regulamento Xeral de Artificios Pirotécnicos en concordancia coa Lei Orgánica de Seguridade Cidadá.
A Garda Civil mantén activas varias liñas de investigación na provincia para localizar os lugares de almacenamento clandestino deste tipo de material e identificar os posibles centros de comercialización ilegal.
A eficacia dos resultados das investigacións que se están levando a cabo para erradicar este tipo de actividades ilegais á vez que altamente perigosas para a poboación, pasa en moitas ocasións pola colaboración cidadá, no entendemento de que pode facerse anonimamente a través do Tlf. 062 e tamén por vía telemática utilizando o portal da internet “Colabora” deste Corpo e dos perfís oficiais nas redes sociais do mesmo. www.guardiacivil.es, Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., Garda Civil (Facebook) e @guardiacivil (Twitter).