• Portada
  • O Porriño
  • Mos
  • Salceda de Caselas
  • Ponteareas
  • Galicia
  • Axenda
  • Opinión
  • A NOSA XENTE
    • Ricardo Canosa
    • Beatriz Alonso Cabaleiro
    • Patricia Pampillón
    • Abuelo Peche
Actualidade :
O Club Natación Mos, pioneiro en Galicia en Natación Adaptada para Invidentes
Leroy Merlin inaugura a súa nova tenda en Mos
O PP de Salceda agradece aos veciños a súa implicación e compromiso co partido
Eva García de la Torre: “Quero seguir gobernando”
O Godoy Maceira Porriño disposto a reencontrarse coa vitoria en Xixón
Mos eliminará o tráfico pesado das zonas urbanas residenciais
Mos traballa xa para que celebrar o Día da Muller
Dous anos de prisión por apropiarse dos cartos para construír unha casa no Porriño
A cultura mosense reúnese baixo o lema identitario local ‘SomosMos’
O Festival de Cans inicia unha nova edición do seu curso de montaxe e edición
A pista de atletismo da Granxa estará rematada en maio
"Invisibles" aborda a violencia de xénero a través da historia real de mulleres galegas
O novo Burger King de Mos pon a súa primeira pedra
O PP alerta do perigo do vial alternativo habilitado polas obras da EP 2505
GañaMos pide disculpas á CMM de Pereiras
Xuventudes Socialistas recada 1400 euros para a vivenda tutelada de COGAMI
Galicia é por terceiro mes consecutivo a comunidade na que máis baixa o paro cunha caída do 11,49%
04
Junio

Galicia é por terceiro mes consecutivo a comunidade na que máis baixa o paro cunha caída do 11,49%

  • Tamaño da letra facer a letra mais pequena facer a letra mais pequena facer a letra meirande facer a letra meirande
  • Imprimir
  • Email

O  paro cae en 5.595 persoas en maio ata 176.696 desempregados. Isto supón que a Comunidade rexistra este ano por quinto mes consecutivo unha caída histórica do desemprego


Galicia é por terceiro mes consecutivo a Comunidade na que máis baixou o paro na evolución anual, cunha caída do 11,49%, o que se traduce en 22.942 desempregados menos. Isto supón que a Comunidade rexistra este ano por quinto mes consecutivo unha caída histórica do paro. Ademais, desde xaneiro, o desemprego está baixando cada mes ao menos un 10% e, como mínimo, en 22.000 persoas, o que, en palabras da secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, "son unhas cifras que respaldan as políticas activas de emprego que está executando a Xunta".
O desemprego en Galicia leva xa catro anos e medio baixando de xeito consecutivo e se sitúa en niveis de hai 9 anos.


Ademais, a Comunidade galega continúa creando emprego, rexistrando desde 2007 o maior crecemento nas afiliacións, que aumentan nun 2,76%, é dicir, en 26.786 máis. Deste xeito, Galicia encadea xa máis de 4 anos de subidas consecutivas, desde abril de 2014, levando 7 meses consecutivos nos que o número de afiliacións crece por enriba das 20.000 e do 2%. Na evolución mensual, as afiliacións, por cuarto mes consecutivo, desde febreiro, crecen máis que a caída na cifra de parados.


A calidade no emprego tamén sigue mellorando, tal e como expuxo a secretaria xeral de Emprego. No último ano asináronse 8.594 contratos máis, un aumento do 9,81%: a contratación indefinida medrou un 22,20%, superando en máis de 13 puntos o ritmo de subida da temporal e a tempo completo tamén aumentou, nun 14,60%, quintuplicando o incremento reflectido a tempo parcial. En comparación con España, o ritmo de contratación en Galicia é moi superior, 8,29% máis. Tamén e maior en Galicia que no Estado o incremento no número de contratos indefinidos, un 2,58% máis.


O paro, ademais, baixou nos colectivos con máis dificultades para atopar un posto de traballo: nos menores de 30 anos (-14,10%); parados de longa duración (-9,04%); e mulleres (-8,98%). Algo máis de 1 de cada 3 desempregados que saíron do paro no último ano eran parados de longa duración. Así mesmo, o desemprego descendeu nas catro provincias galegas, nas 7 grandes cidades e en todos os sectores de actividade, liderando a caída a construción (-21,76%), seguido da industria (-14,37%), e da agricultura e pesca (-13,19%).


Con respecto aos datos provinciais, Lugo lidera o descenso cunha baixada do 13,70%, seguida de Pontevedra (-12,81%), Ourense (-12,31%) e A Coruña (-9,35%).


Toca tamén puxo en valor que o paro baixou con respecto ao mes de abril nun 3,07%, a terceira maior baixada desde a crise e destacou que para seguir acadando esta mellora no mercado laboral, "a Xunta seguirá executando programas de emprego orientados a incrementar a formación adaptada ás demandas das empresas e á orientación laboral. Así mesmo, Toca lembrou que a Consellería de Economía, Emprego e Industria está a investir preto de 60 millóns de euros para apoiar a contratación de persoas sen emprego nos concellos galegos, a través de iniciativas como o Aprol Rural, obradoiros duais e programas integrados de emprego.


Segundo recalcou a secretaria xeral de Emprego, o impulso da economía galega é a máxima prioridade do Goberno galego. Neste senso, apuntou que sigue recuperándose e con forza grazas ás políticas que está levando a cabo a Administración autonómica e á estabilidade do Goberno galego. O PIB, ademais, continúa crecendo, pechando o primeiro trimestre cun crecemento anual do 3,1%, por enriba de España. En palabras de Toca, as empresas galegas son cada vez máis internacionais, a industria é cada vez máis forte, o comercio está ratificando a súa recuperación cun incremento nas vendas polo miúdo do 2% no que vai de ano e hai un forte aumento do consumo dos fogares galegos, que medra un 2,8%.

Valora agora
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
(0 votos)
  • Social sharing:
  • Engadir a Facebook
  • Engadir a Delicious
  • Diggea isto
  • Engadir a StumbleUpon
  • Engadir a Technorati
  • Engadir a Reddit
  • Engadir a MySpace
  • Gustache? Podelo tuitear!

Eu penso que…

Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.

Voltar ao principio

Tamén en Galicia

  • "Invisibles" aborda a violencia de xénero a través da historia real de mulleres galegas
    "Invisibles" aborda a violencia de xénero a través da historia real de mulleres galegas
  • Arranca o xuízo contra o hostaleiro vigués acusado de abusar de 18 menores
    Arranca o xuízo contra o hostaleiro vigués acusado de abusar de 18 menores
  • A familia e amigos de Sesé Mateo preparan un libro cos seus textos e poemas
    A familia e amigos de Sesé Mateo preparan un libro cos seus textos e poemas
  • Atraco a man armada no parque comercial Meixueiro
    Atraco a man armada no parque comercial Meixueiro
  • O 061 de Galicia garante a asistencia tras as sabotaxes sufridas en seis ambulancias
    O 061 de Galicia garante a asistencia tras as sabotaxes sufridas en seis ambulancias
  • Piden colaboración cidadá para localizar a un home desaparecido en Vigo
    Piden colaboración cidadá para localizar a un home desaparecido en Vigo
Sondolouro.com 2016. Todolos dereitos reservados. Desenvolvido por UnProject Multimedia
Galicia