A Garda Civil detivo no sur da provincia de Pontevedra a un home de 48 anos como suposto autor dun delito de abusos sexuais á súa filla de 16 anos.
As investigacións realizadas polo EMUME (Equipo Muller Menor) pertencente á Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Garda Civil de Pontevedra, evidencian unha serie de episodios de agresións sexuais que viña padecendo esta moza, menor de idade, supostamente por parte do seu pai.
Segundo se puido determinar, as supostas agresións víñaas sufrindo desde fai uns tres anos aproximadamente e, nalgúns dos casos, a propia nai da menor podería ser coñecedora e mesmo consentidora de varios dos episodios de abusos sexuais do seu marido.
A raíz do resultado das pescudas levadas a cabo polo EMUME, procedeuse á detención do pai da menor como suposto autor dun delito de abusos sexuais e, ao mesmo tempo, investigouse penalmente á nai por non impedir a comisión dun delito contra a indemnidad sexual.
O detido foi posto onte a disposición do Xulgado de Instrución de Garda de Tui que decretou o seu ingreso preventivo en prisión.