• Portada
  • O Porriño
  • Mos
  • Salceda de Caselas
  • Ponteareas
  • Galicia
  • Axenda
  • Opinión
  • A NOSA XENTE
    • Ricardo Canosa
    • Beatriz Alonso Cabaleiro
    • Patricia Pampillón
    • Abuelo Peche
Actualidade :
O PP de Salceda agradece aos veciños a súa implicación e compromiso co partido
Eva García de la Torre: “Quero seguir gobernando”
O Godoy Maceira Porriño disposto a reencontrarse coa vitoria en Xixón
Mos eliminará o tráfico pesado das zonas urbanas residenciais
Mos traballa xa para que celebrar o Día da Muller
Dous anos de prisión por apropiarse dos cartos para construír unha casa no Porriño
A cultura mosense reúnese baixo o lema identitario local ‘SomosMos’
O Festival de Cans inicia unha nova edición do seu curso de montaxe e edición
A pista de atletismo da Granxa estará rematada en maio
"Invisibles" aborda a violencia de xénero a través da historia real de mulleres galegas
O novo Burger King de Mos pon a súa primeira pedra
O PP alerta do perigo do vial alternativo habilitado polas obras da EP 2505
GañaMos pide disculpas á CMM de Pereiras
Xuventudes Socialistas recada 1400 euros para a vivenda tutelada de COGAMI
Arranca o xuízo contra o hostaleiro vigués acusado de abusar de 18 menores
EU SON pide o apoio da corporación á Folga Feminista do 8 de marzo
Galicia prepárase ante unha posible situación de emerxencia por seca
30
Noviembre

Galicia prepárase ante unha posible situación de emerxencia por seca

  • Tamaño da letra facer a letra mais pequena facer a letra mais pequena facer a letra meirande facer a letra meirande
  • Imprimir
  • Email

Segundo os últimos datos, nalgúns sistemas de abastecemento podería comezar a haber problemas máis serios a partir dos próximos 90 días, se non se adoptan medidas de aforro

Dende a xunta apelan á concienciación de todos e á coordinación entre administracións para facer fronte á seca prolongada e a unha posible situación de emerxencia

O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, apelou hoxe á concienciación de todos os cidadáns e á coordinación entre administracións para facer fronte a situación derivada da seca prolongada que está a vivir Galicia. E trasladou a obriga de estar preparados ante “unha posible situación de emerxencia”, co fin de dar unha resposta áxil e co menor impacto que sexa posible para o conxunto dos galegos.

 

Tras avaliar a situación no Consello da Xunta, avanzan que ante a existencia dunha “ameaza real”, xa que as choivas foron moi ocasionais e non serviron para paliar a súa falta durante os últimos meses, o Executivo autonómico actualizou a folla de ruta na que está a traballar nos últimos meses, seguindo o protocolo de actuación aprobado en 2013, co primeiro Plan contra a seca da comunidade.

 

Con base neste plan, en setembro de 2016  declaráronse as primeiras prealertas nas bacías das zonas 1,2 e 8 da Demarcación Galicia Costa (ría de Vigo e Baiona, costa de Pontevedra e río Castro). Posteriormente, o 12 de xaneiro deste ano estendeuse a toda a demarcación e o 3 de outubro activouse a situación de alerta en seis sistemas: os ríos Verdugo, Lagares e Baíña; os ríos de Oia e O Rosal; os ríos Xallas e Cee; o río Mero e outros que desembocan na ría da Coruña; os ríos Mendo e Mandeo, que desembocan na ría de Ares-Betanzos; e o sistema do Lérez. “E, paralelamente, nos reunimos co Goberno central, a través da Demarcación Hidrográfica Miño-Sil, e estamos actuando con absoluta coordinación”.

 

Así mesmo, cómpre salientar que, segundo os últimos datos, os encoros de abastecemento da Conca Galicia-Costa se atopan ao 43,2% da súa capacidade -un 26,4% menos que na mesma data do pasado ano-, o que significa que nalgúns sistemas de abastecemento podería comezar a haber problemas máis serios a partir dos próximos 90 días, se non se adoptan medidas de aforro.

 

Diante destas cifras, o presidente da Xunta insistiu na necesidade de que todos os galegos sexan conscientes da situación e de que todas as administracións “sigan traballando con realismo, responsabilidade e informando á cidadanía periodicamente e con transparencia”.

 

Nesta liña, afirmou que a concienciación é unha das actuacións máis relevantes co obxectivo de interiorizar ao máximo a necesidade de aforrar auga, evitando os usos non esenciais e modificando pequenos hábitos. “Igualmente, os concellos teñen que adquirir o compromiso de ir aplicando medidas restritivas progresivamente como: limitar os usos non prioritarios ou reducir as perdas e a presión na rede de abastecemento”, engadiu.

 

A administración hidráulica a disposición dos Concellos

 

No tocante á coordinación, e no que respecta aos concellos, Feijóo subliñou a importancia de contar coa información sobre os aforros de auga. E, co obxectivo de abordar as actuacións que sexan necesarias, recordou que a Administración hidráulica está á disposición dos concellos, cos que se está a manter un contacto permanente. 

 

Froito desas reunións e traballo conxunto chegouse a acordos como o acadado con Emalcsa que subministra auga á area metropolitana da Coruña e que realizará o bombeo desde o lago das Encrobas a Cecebre, co que se garante o abastecemento a toda esta área. 

 

Neste punto, trasladou tamén o desexo de que nos próximos días se poida asinar a colaboración co Concello de Vigo, en relación co bombeo desde o río Verdugo.

 

Tamén “abrimos xa unha liña de contacto co Goberno central, co obxectivo de intercambiar información puntual da situación nas demarcación hidrográficas de Galicia e trasladar propostas de actuación que consideremos necesarias e positivas para toda a Comunidade”, explicou, valorando que o Consello Nacional da Auga aceptase a proposta de incluír dentro da orde do día do próximo 14 de decembro un apartado específico sobre a seca.

 

Ademais da necesidade de conservar os recursos e de avaliar constantemente a situación, o presidente da Xunta fixo fincapé en estar preparados ante unha posible situación de emerxencia. Con este fin, subliñou que nas reunións que se están a manter cos concellos se solicitou a identificación de posibles obras de emerxencia que se poidan levar a cabo.

 

“En definitiva, estamos nunha situación complexa e temos que manter ao máximo o seguimento da situación hidrolóxica, a advertencia ao conxunto dos galegos, a coordinación coas administracións e o traballo para prepararnos ante a peor situación, que é a situación de emerxencia”, aseverou.

 

Pola súa banda, a conselleira destacou a importancia de continuar cun consumo responsable da auga para facer fronte a unha situación anómala en Galicia, dado que levamos cinco estacións con indicadores por debaixo do normal.

 

Así incidiu en que se está a traballar en coordinación permanente cos concellos de toda a Demarcación Galicia Costa,  seguindo o protocolo da seca. Así téñense celebrado unha decena de reunións de traballo cos 51 concellos afectados pola declaración de alerta.

 

Á vista dos diferentes indicadores e tras as comunicacións en encontros coas administracións locais, nos próximos días continuaremos “concretando as actuacións para acometer en caso de emerxencias”. Nese sentido, indicou que desde a Consellería de Medio Ambiente prestarase asesoramento para que os concellos de menos de 20.000 habitantes identifiquen aquelas infraestruturas hídricas que permitan reforzar os sistemas de abastecemento.

 

Tamén indicou que, tal e como recolle o Plan Nacional Hidrolóxico, “solicitaremos que todos os concellos de máis de 20.000 habitantes incorporen dentro do seu plan de emerxencias un plan específico da seca”.

 

Incidiu na necesidade de que “para conservar e prolongar un ben escaso hai que controlar e racionalizar o seu uso, razón pola que fago de novo un chamamento “ao aforro para poder garantir un ben tan prezado como a auga”.

 

Modificouse o Jueves, 30 Noviembre 2017 21:01
Valora agora
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
(0 votos)
  • Social sharing:
  • Engadir a Facebook
  • Engadir a Delicious
  • Diggea isto
  • Engadir a StumbleUpon
  • Engadir a Technorati
  • Engadir a Reddit
  • Engadir a MySpace
  • Gustache? Podelo tuitear!

Eu penso que…

Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.

Voltar ao principio

Tamén en Galicia

  • "Invisibles" aborda a violencia de xénero a través da historia real de mulleres galegas
    "Invisibles" aborda a violencia de xénero a través da historia real de mulleres galegas
  • Arranca o xuízo contra o hostaleiro vigués acusado de abusar de 18 menores
    Arranca o xuízo contra o hostaleiro vigués acusado de abusar de 18 menores
  • A familia e amigos de Sesé Mateo preparan un libro cos seus textos e poemas
    A familia e amigos de Sesé Mateo preparan un libro cos seus textos e poemas
  • Atraco a man armada no parque comercial Meixueiro
    Atraco a man armada no parque comercial Meixueiro
  • O 061 de Galicia garante a asistencia tras as sabotaxes sufridas en seis ambulancias
    O 061 de Galicia garante a asistencia tras as sabotaxes sufridas en seis ambulancias
  • Piden colaboración cidadá para localizar a un home desaparecido en Vigo
    Piden colaboración cidadá para localizar a un home desaparecido en Vigo
Sondolouro.com 2016. Todolos dereitos reservados. Desenvolvido por UnProject Multimedia
Galicia