Un total de 995 propietarios foron apercibidos no que vai de ano por non cumplir co establecido na lei en relación á prevención dos incendios (limpeza en franxas de seguridade das fincas, por exemplo) e outras 3.000 notificacións se van comunicar de forma inmediata. Así o informou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo que remarcou que "hay que cumplir a lei" e engadiu que se remitiron cartas cun recordatorio a todas as administracións con responsabilidades (Concellos, Deputacións, Ministerio de Fomento, así como á Fegamp) como garantes subsidiarios de que as franxas estén limpas e das estradas.
Así o trasladou o xefe do Executivo galego tras a reunión semanal do Consello da Xunta celebrada onte na que se aprobou o Plan de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga) de 2017, dotado de 173,7 millóns de euros dos cales 105 serán destinados a extinción.
Galicia contará con 7.000 efectivos dispoñibles, xunto á treintena de medios aéreos (proporcionados por Xunta e Estado) e 360 motobombas, e ademais sumará persoal do Goberno e contará coa incorporación de 125 brigadas, que suman 500 efectivos, contratados á empresa pública Seaga.
Outras das novidades do operativo estival contra incendios deste ano é o cambio do sistema de comunicacións coñecido como Tetra que substituirá aos analóxicos e permitirá geolocalizar en todo momento a operarios, vehículos e medios.