• Portada
  • O Porriño
  • Mos
  • Salceda de Caselas
  • Ponteareas
  • Galicia
  • Axenda
  • Opinión
  • A NOSA XENTE
    • Ricardo Canosa
    • Beatriz Alonso Cabaleiro
    • Patricia Pampillón
    • Abuelo Peche
Actualidade :
O xulgado suspende a esixencia de empadronamento da Pass Vigo
Veciños da Vaquería propoñen alternativas para solucionar o problema da PO-510
O xuíz cita como investigado a Manuel Carrera
Rumbo a Arxentina para celebrar o Centenario da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires
O BNG continúa a súa rolda de xuntanzas coa veciñanza en Cans
Os Penediños de Atios celebran o Día do Libro
A Turre’s Band finalista dos V premios Martín Codax da Música
Burning encabeza o cartel musical do XV do Festival de Cans
Retencións kilométricas na A-55 tras perder una camión a súa carga
200 escolares participarán nas V Xornadas de Educación Vial en Salceda
Ábrese a poxa para adxudicar a cafetería do Centro Social e Cultural de Atios
Bocaselas supera expectativas na súa primeira fin de semana
Vive o Camiño en Mos!
Sergio Bugarín proclamado presidente das Novas Xeracións do Porriño
O Godoy Maceira Porriño cae ás portas da final
Centos de persoas volven esixir en Mos a reanudación das obras da A-55
Xa se pode descargar a App do Sergas para guiar aos pacientes polos centros  sanitarios
03
Enero

Xa se pode descargar a App do Sergas para guiar aos pacientes polos centros sanitarios

  • Tamaño da letra facer a letra mais pequena facer a letra mais pequena facer a letra meirande facer a letra meirande
  • Imprimir
  • Email

A aplicación, que funciona xa no Hospital Álvaro Cunqueiro, tamén posibilitará obter automaticamente cita ao chegar ao centro, sen necesidade de empregar os quioscos nin os mostradores


    
O Servizo Galego de Saúde vén de poñer en marcha SIGUE (Sistema Intelixente de Xeolocalización de Usuarios en Edificios), un sistema pioneiro para a localización e guiado de pacientes no interior de varios dos seus centros. Deste xeito, a través dunha aplicación (app) móbil, os pacientes poderán orientarse a través do Hospital Álvaro Cunqueiro do mesmo xeito que habitualmente se utiliza en exteriores mediante o sistema GPS. O Álvaro Cunqueiro de Vigo, cunha superficie de 280.000 m2, dá servizo a unha área poboacional de máis de 600.000 persoas. Neste centro, a navegación interna tamén funciona dentro do aparcadoiro.

 

A aplicación, xa dispoñible para a súa descarga gratuíta na App Store de Apple e en Google Play, permite ofrecer un servizo de localización no interior de edificios onde non existe cobertura suficiente dos sinais de satélite utilizado polo GPS. A súa precisión ten unha marxe de erro inferior a 1 metro.

 

A app permite tamén consultar as citas programadas no sistema público de saúde, tanto en hospitais como en centros de saúde, ofrecendo a posibilidade de iniciar a navegación ata o centro no que está programada a cita.

 

Ademais, ao sistema téñenselle incorporado funcionalidades como a asignación das quendas de consulta mediante a propia app, unha vez que o paciente estea no centro -xunto co guiado ata a sala de espera correspondente-, sen necesidade de empregar os quioscos habilitados para isto nin de acudir aos mostradores de cita.

 

Tamén inclúe a proposta de rutas no exterior ata o centro en que está programada a cita médica; a suxestión de rutas internas ata o punto público do hospital que se elixa; información sobre servizos non sanitarios do edificio (cafetería, prensa, etc.) e da súa contorna; e a comunicación dunha posición dentro do centro a outros usuarios da app que figuren como contactos.

 

Para o funcionamento desta aplicación móbil tense creado un sistema de cartografía de edificios para incorporar os mapas internos dos centros nos que funciona o sistema de guiado. Así mesmo, permitirá utilizar realidade aumentada -igual que nos xogos de última xeración- para orientarse, tanto en exteriores como en interiores.

 

Valora agora
  • 1
  • 2
  • 3
  • 4
  • 5
(0 votos)
  • Social sharing:
  • Engadir a Facebook
  • Engadir a Delicious
  • Diggea isto
  • Engadir a StumbleUpon
  • Engadir a Technorati
  • Engadir a Reddit
  • Engadir a MySpace
  • Gustache? Podelo tuitear!

Eu penso que…

Make sure you enter the (*) required information where indicated. HTML code is not allowed.

Voltar ao principio

Tamén en Galicia

  • O abandono animal custa a Galicia máis de 3 millóns de euros ao ano
    O abandono animal custa a Galicia máis de 3 millóns de euros ao ano
  • Prohibidas ata novo aviso as queimas de restos agrícolas e forestais
    Prohibidas ata novo aviso as queimas de restos agrícolas e forestais
  • Arquivada a causa contra o Sergas pola contratación de agullas de insulina
    Arquivada a causa contra o Sergas pola contratación de agullas de insulina
Sondolouro.com 2016. Todolos dereitos reservados. Desenvolvido por UnProject Multimedia
Galicia