Imprimir esta páxina
12
Diciembre

Libera denuncia o uso de cepos contra cabalos salvaxes

Dende o ano 2012 foron localizados na nosa comunidade medio milleiro de cabalos con artefactos inmovilizadores como cepos, cordas ou cadeas

 

A Asociación animalista Libera denunciou a través dun comunicado que, dende o ano 2012, foron localizados na nosa comunidade medio milleiro de cabalos con artefactos inmovilizadores como cepos, cordas ou cadeas.

 

Según denuncian os animalistas polo momento non houbo máis que unha condea a dúas persoas na provincia de Pontevedra por esta práctica ilegal, tipificada como delito de maltrato animal.

 

Campaña "Sen pexas"

 

Libera e a Foundation Franz Weber fan frente á estas prácticas coa súa campaña "Sen pexas", lanzada no ano 2012 que, mediante unha plataforma online, permite adxuntar fotografías e vídeos de maneira anónima para denunciar estes actos.

 

En catro anos, documentaron a través da plataforma 151 casos e 513 animais "comprometidos  por este contexto de crueldade", máis a falta de identificación dos cabalos e a dificultade para dar cos responsables xeran un "cómodo clima de impunidade". Lembran que o Parlamento de Galicia chegou a aprobarse por unanimidade unha iniciativa na que se instaba á Xunta a tomar medidas especiais neste senso que "debeu quedar olvidada no caixón dalgunha consellería".

 

Se coñeces algún caso denuncia en :  www.senpexas.info

Valora agora
(0 votos)