Imprimir esta páxina
15
Octubre

Máis de 1500 persoas saen á rúa en Vigo contra o TTIP

"Non ao TTIP Galiza" convocaba hoxe baixo o lema "Nin TTIP, nin CETA, nin TISA! Non aos Tratados de Libre Comercio!" a manifestación central da campaña galega

A organización cifra en máis de 1500 manifestantes as persoas que secundaron esta tarde en Vigo á chamada da plataforma "Non ao TTIP", para berrar contra uns tratados transnacionais que "levan o pobo galego á ruína". A marcha, que partiu de Vía Norte ás 19 horas, transcorreu baixo unha intensa choiva, e alén das diferentes comitivas das organizacións políticas e sociais os e as asistentes portaban cartaces contra o TTIP, o CETA, o TISA e maila UE.

 

Concentracións en diferentes cidades galegas convocadas pola CIG 

 

Esta mesma mañá, a CIG desenvolveu en solitario diferentes concentracións nas cidades galegas coa mesma reivindicación. Para Xesús Seixo, secretario xeral da central nacionalista, “O que buscan é favorecer cada vez máis o control dos mercados: o laboral, o de mercadorías ou o financeiro por parte das grandes empresas multinacionais tanto europeas como norteamericanas”.

Valora agora
(1 Vote)