Imprimir esta páxina
24
Septiembre

Máis de 2,2 millóns de galegos están chamados hoxe a votar

Un total de 58 candidaturas concorren ás eleccións galegas, case o 64 por cento encabezadas por homes

Galicia celebra hoxe as Eleccións Autonómicas, nas que están chamados a votar 2.255.579 galegos, nas 3.977 mesas distribuídas polos 2.463 colexios electorais.

 

O censo electoral nestas eleccións ao Parlamento galego se eleva a 2.701.848 persoas, xa que aos máis de 2,2 millóns de electores censados en Galicia hai que sumarlle os 446.269 inscritos no Censo Electoral de Residentes Ausentes, CERA. O electorado contará con preto de 35 millóns de papeletas e tres millóns e medio de sobres de votación.

 

Con tal motivo, a Xunta de Galicia puxo en marcha un dispositivo tecnolóxico e operativo no Centro de Difusión de Datos para ir ofrecendo información durante toda a xornada.

 

Ademáis, para a recollida da información habilitouse un dispositivo do que forman parte 2.716 representantes da administración, que por primeira vez nas eleccións galegas contarán cada un cunha tableta para a transmisión de datos da votación dende os colexios electorais ata o centro de procesamento da información.

 

Está previsto que ao longo do día se produzan polo menos catro comparecencias dos responsables da Xunta. A primeira ás 10,15 horas para dar conta da apertura de mesas e posibles incidencias; outras dúas para trasladar os avances de participación, ás 12,30 e ás 17,30; e outra máis unha vez o reconto estea avanzando para informar dos resultados do escrutinio.

 

Ademais, todos os cidadáns poderán ter acceso aos datos en tempo real na páxina web http://resultados2016.xunta.gal, onde se ofrecerán datos do escrutinio provisional a nivel autonómico, provincial, comarcal e por concellos e datos de participación segundo se vaian recibindo. A web será accesible desde dispositivos móbiles como smartphones ou tabletas e permitirá seguir tamén as roldas de prensa, tanto en directo como en diferido.

 

58 listas concorren ás eleccións polas catro provincias

 

Un total de 58 listas concorren ás eleccións ao Parlamento de Galicia polas catro provincias.

 

Concretamente 18 pola Coruña, 16 por pontevedra, 13 por Ourense e 11 por Lugo.

 

No tocante ás formacións que se presentan polas catro provincias: PP, PsdeG, BNG, En Marea, Ciudadanos, Compromiso por Galicia, Partido Animalista contra o Maltrato Animal (PACMA), Recortes Cero-Grupo Verde, Ganemos Galicia: Sí Se Puede e o Partido Anticorrupción y Justicia (PayJ). Converxencia 21 e Partido Comunista de los Pueblos de España – Comunistas da Galiza (PCPE) só presentan candidaturas en tres provincias

 

Para completar o total de opcións, hay que citar ás forzas políticas que só concorren por algunha provincia: Acción Democrática, Unidos por el Futuro e coalición Cidadáns-Centro, Vía Nova Galicia, Escaños en Blanco, Democracia Ourensana Alternativa Independiente de Galicia e o Partido Libertario. 

 

Cabe destacar que preto do 64 por cento destas candidaturas están lideradas por homes . Na provincia da Coruña das 18 listas 10 están encabezadas por homes, en Pontevedra serían 12 das 16, en Ourense 8 das 13 e en Lugo 7 das 11.

 

Valora agora
(0 votos)